A Feira das Industrias Culturais quere ser un espazo de divulgación dos proxectos máis interesantes da cultura galega actual. Con este obxectivo, ademais de ofrecer espazos de exposición para as entidades que forman parte do tecido cultural e espazos de debate e reflexión, Culturgal abre unha convocatoria para a proposta de actividades ou presentacións que darán a coñecer proxectos, produtos e servizos.
Quen pode participar?
A convocatoria está aberta a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega.
Aquelas propostas presentadas por entidades que, ademais, contrataran un stand, serán valoradas con prioridade no proceso de selección. En calquera caso, a contratación dun stand non implica a inclusión das propostas no programa de Culturgal 2016, senón sinxelamente unha vantaxe á hora de seleccionar propostas e presentacións.
Máis info en http://culturgal.com/propostas-programacion-culturgal-2016/