Primeiro acoso. Muller....non esaxeres #PrimAcoso

Recoñecemos as situacións, os escenarios, o noxo, sabemos do que falamos e non hai dúbida de que todas estamos unidas por ese fío invisible do acoso, que para unhas remata en morte para outras en inferno e para ás demais nun mal recordo tapado por capas de culpa e vergoña.

Ás mulleres prográmannos para facer sentir cómodo a todo o mundo, e aos homes en particular. Atrevérmonos a desafiar o confort no que a maioría está instalado é perigoso, pero a clave do noso poder está en conectarnos, en vibrar na mesma frecuencia, sentir que todas estamos no mesmo barco e que temos algo que contar. Que se atrevan a desafiarnos, a dicir que non é certo. Que se atrevan (e atrévense!) e comprobarán o inmenso poder que nos asiste.


1 gústame