Presos políticos galegos

Ademais do castigo que supón estar no cárcere, acrecéntase cando os presos están fora de seus ámbitos naturais e culturais e, tamén, prexudícase á familia do penado, cando ten que percorrer centos de quilómetros para visitalo. Unha maneira de tortura intolerábel e de illamento consentido por ese silencio dos partidos ditos de esquerda ou nacionalistas. Xa non menciono os de dereitas, porque a intolerancia e a agresividade cara os mais débiles e desprotexidos é o deles. Mais no Parlamento Galego coido que non se oíron palabras por parte da oposición sobre a situación dos presos políticos e súas familias, de redimir a pena en cadeas galegas, sen ter que ir a terras mesetarias, Asturias, etc. E esta reivindicación humanitaria non se ten feito, desde varias institución e fundamentalmente desde o Parlamento. O foro mais representativo da sociedade galega. Teñen vergoña os señores deputados? Hai que emerxer dese silencio que atrapa conciencias. Cando se di que os galegos somos diferentes a cataláns e vascos, este tema verdadeiramente o constata.

1 gústame

Legalidade? Justiça? Não: Fuero de los Españoles