a iniciativa ORA GALEGA desexa conmemorar ese centenario cunha Volta pola Irmandade. Unha exposición itinerante que leva o nome de iFala, en homenaxe ao conxunto de homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa autoestima, para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía estética, cultural e política da Galiza.
2 Likes