Pontevedra_ 3º Premios Martín Codax da Música

Os premiados nesta edición foron <--

Os triunfadores da noite levaron a casa un dos Melómanos que o escultor e músico, Víctor Lorenzo, creou especialmente para o certame a golpe de motoserra. Nesta edición inscribíronse un total de 448 proxectos (396 grupos, 16 salas, 22 festivais e 14 medios de comunicación)

. No seu discurso de clausura, o voceiro de Músicos Ao Vivo, Ramón Bermejo, reivindicou que a asociación é necesaria para “dar pulo á dignificación do oficio da música, e servir como lugar de encontro entre os profesionais que defendemos o papel dun sector que noutros países é considerado estratéxico”. Bermejo denunciou que “vivimos un desmantelamento progresivo das artes e as humanidades no noso sistema educativo da man da LOMCE, precisamente cando máis estudos demostran as vantaxes da música na educación” e recordou que “moitos músicos dedican parte do seu tempo ao ensino da música e grazas ao seu esforzo, escasamente apoiado dende as institucións, están indo cara adiante agrupacións musicais cada vez de máis calidade”. Apelou tamén á necesidade de contar cos medios de comunicación como cómplices na difusion da música galega; e destacou “a presenza cada vez maior das mulleres, non só como cantantes -onde sempre arrasaron- senón tamén como instrumentistas ou compositoras”. Por último, recordou a preocupación de MAV respecto ao peche de locais con programación musical “por problemas derivados da inexistencia dunha lei de espectáculos que regule e protexa debidamente a actividade da música ao vivo, unha lei que debería servir tamén de estímulo e apoio e que debe ser redactada coa participación deste colectivo para que sexa realmente útil e duradeira”.