Polafía sobre Manuela Rei en Mondoñedo

Acadou o rango de mítica actriz do teatro portugués de mediados do século XIX, será a protagonista da Polafía que se celebra o sábado 2 de abril en Mondoñedo, localidade natal da artista. A extraordinaria e aínda pouco coñecida historia de Manuela Rey, converte a Polafía do sábado en un evento especial. “É unha evocación”, explica Antonio Reigosa, quen nos últimos anos ven investigando na figura desta muller que, pese a morrer (en 1866) con tan só 23 anos, acadou o cumio do recoñecemento no histórico Teatro Dona Maria II de Lisboa.

http://laduda.net/polafia-manuela-rey-mondonedo/

O formato da Polafía é unha iniciativa da sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que, baixo a coordinación de Antonio Reigosa, ven desenvolvendo dende 2007 estas reunións que teñen como obxectivo recuperar usos de creación da cultura popular nas súas máis diversas representacións. “A Polafía é unha provocación para xuntarse, para que se manifeste a cultura popular, sexa música, ou contar un conto ou una lenda, recitar un romance, ou mesmo que un poeta popular diga uns versos; tamén pode ser contar un oficio, unha técnica de fabricación de algo que xa non sexa de uso corrente”, explica Reigosa.