PIB galego e contaminación_ "Uns vão bem e outros mal, senhoras e meus senhores, façam roda por favor .." [cas]

A contaminación que xera Repsol na antes veiga de Meicende (Arteixo), e Ence na ría pontevedresa vai en aumento. O país bate marcas en comparanza coa península á hora de deitar na atmosfera flúor, mercurio e perfluorocarburos. “Ostentamos” a segunda marca en emisións de dióxido de carbono, gases de efeito invernadoiro, dióxido de xofre, cloro e substancias acidificantes/eutrofizantes/precursoras do ozono, a terceira cando nos referimos a partículas (PM10), monóxido de carbono, compostos orgánicos volátiles no metano (COVNM), metano, arsénico, cromo…, e a cuarta se falamos de óxidos de nitróxeno, metais pesados en conxunto.

2 Likes

E de sobremesa, ananá en calda

…denuncian que o novo Goberno de Feijóo “dá carta branca” para encher Galiza de cultivos enerxéticos. Ademais do eucalipto, potenciará especies como o Liquidambar, a Pawlonia, a acacia ou o bambú que poderán ser aproveitadas en masas continuas monoespecíficas de até 100 hectáreas.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/43196-sera-futuro-forestal-2017

1 Like
1 Like