Outrora, videoxogo baseado nas revoltas irmandiñas

Boas, estou desenrolando un videoxogo, teño un proxecto en Verkami para financialo, agradecería moito calquera tipo de axuda e difusión.

4 gústame

Pois parabens polo projeto, mais aqui um par de conselhos:

  • Estaria bem dares mais datos da tecnologia empregada. Sempre esta bem saber como esta feito o que vas comprar.
  • O trailer nom da muita ideo de como se desenvolve o jogo. Acho que faltam capturas ainda que sejam de bosquejos.
  • Outro ponto importante para mim: calendario com as etapas do processo. Desenvolver um videojogo pasa sempre por varias etapas, e seria interesante ter datas para as versons alpha, beta, etc… e darlhe esse acceso aos que ja pagarom.

Polo demais, muita sorte c’o projeto. Esperamos saber mais dele nesta web.

5 gústame

Grazas, tes razón, pero vou pouco a pouco. Sobre todo o do calendario, non me dera conta, axiña metereino no meu blogue.

Polo de agora segue sendo un proxecto, suxeito a cambios de deseño, programación, gráficos e datas. Está dificil conseguir o obxetivo, o cal retrasaríame o proxecto moito máis tempo. Sinto non poder dar máis información deses temas precisamente ata rematares o crowfunding

Eu non recibín nada das achegas. Só as recibirei cando se logre o obxetivo e despois de tódolos trámites fiscais. Senón, devolverán as achegas ós mecenas. Polo tanto, tamén cando remate o crowfunding pensarei que facer, o máis seguro é que publique o xogo no meu blogue en acceso anticipado.

Vou contando cousiñas do xogo aquí, por se queres/queredes saber máis, apertas!
https://www.zeltastudios.com/

2 gústame

Boas!

Moitas grazas a xente que aportachedes en Verkami.

Subín un pequeno video con algúns avances/probas, a ver que vos parece.

3 gústame

Estou francamente impresionado, com o projeto e as primeiras capturas. Acho que podes ter um mui bom projeto entre mans. Ademáis vai-che ajudar a aprenderes muito, non só de desenvolvimento, se nom de planejamento de projetos.

O melhor que podes fazer é meter as cadeias de texto num arquivo “.po” ou similar, para que se possam corrigir. Essas gralhas como “Reises” nom se admitem em nengumha norma. E assim também o fas multi-idioma, que sempre vém bem.

Qualquer tema que tenhas, aquí estamos.

2 gústame

Grazas de verdade.

Non creo que saia en máis idiomas pero é boa idea.

Xa recibín algúns toques polo tema da linguaxe, e seguro que recibirei máis… Ramón Cabanillas escribiu un poema aló por 1917, en pé, onde escribe “Reises”. Eu escoiteino nunha canción e quedoume dende entón. Non sei como levarei o tema este das normas.

O das normas léva-se bem: temos dúas que oferecem dous grados diferentes de liberdade, e cada um pode escolher a que quere, ou as dúas sem mesturar.

Está claro que existem razóns sentimentais para escolher expresar-se numha lingua, e dentro dela, para escolheres umha palavra ou umha forma dela ou outra. Todos pasamos por essa etapa porque para nós o galego nom é um negócio.

Ramón Cabanillas tinha escusa para empregar esse galego, daquela a norma aínda nom se fixera. É certo que aquí no Chuza nom somos ninguem para darmos leçons, mais á hora de oferecer um produto foi diferente: todos os textos do software de todas as versóns da web foram corrigidos por filólogos.

Hoje, com as ferramentas online que há, como Poedit ou Transifex, nom há escusa para nom empregarmos um bom galego em qualquer norma nos projetos sérios. Ademáis, vai-che ajudar a incluires máis gente interessada no projeto.

Em qualquer caso, o que conta é acabares o projeto e aprenderes com ele. Desde aquí tes o nosso apoio. Segue turrando até que o logres!

4 gústame

Non coñecía esas ferramentas online, moitas grazas :slight_smile:
Xa puxen o calendario na web, con datas orientadoras do proxecto.

Estou traballando nas tecnoloxías e na cárcere. Na cárcere agardan os prisioneiros ata que queiramos darlles xustiza. Axustizar prisioneiros suma puntos de revolta. Aforcar un nobre suma máis puntos que queimar un cura, por exemplo.
capture-20190801-0217322

Os puntos de revolta obtéñense tamén ceibando cidades e vilas da nobreza, e serven para trocar por investigacións e recrutar irmandiños.
tecnoloxias_cantigas2

3 gústame

Gosto dos gráficos, están mui travalhados. Devecendo por seguir os progressos do jogo.

1 gústame