No volume, Xosé Henrique tamén fai referencia a xentilicios creados a través de alcumes colectivos ou ditados tópicos, como é o caso de picheleiro (Compostela), paraugueiros (Ourense), micos (Baiona) ou pixíns (Cedeira).
O autor pretende que esta publicación anime a loita colectiva para avanzar na difusión da correcta utilización destas denominacións. “Se levamos 30 anos traballando pola restauración da toponimia, fagamos o mesmo cos xentilicios”, explica Costas.