O último gran martirio dos republicanos galegos en Vigo

Esta é a a historia do que pasou en Vigo aquel 23 de abril de 1937.

No noso país e no resto do Estado habilitáronse numerosos campos de concentración, onde se amoreaban miles de presos, condenados sen posibilidade ningunha de defensa: Camposancos, Ribadeo, Cedeira (fabrica de salgaduras), Betanzos, Muros, Rianxo, Cuartel de Figueirido, Mosteiro de Oia, Illa de San Simón… En Vigo, separadamente do cárcere dos xulgados na Rúa do Príncipe, estaba ou Frontón, na rúa Maria Berdiales, que foi habilitado especialmente, debido á necesidade de situar aos centenares de simpatizantes da IIª República.

Alcalde, republicano, asasinado

Foron moitos os alcaldes galegos asasinados ao longo da Guerra Civil, entre eles os das cidades da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol. Cómpre sinalar que na cidade naval foi executado Xaime Quintanilla (rexedor entre 1931 e 1936), mentres que o alcalde vixente -Antonio Santamaría López- salvou a vida fuxindo a Francia no vapor Ramón)

Algúns dos alcaldes asasinados
Tralo alzamento militar “xérase unha atmosfera de caos e terror na que se combinan de forma calculada a ocultación e a exposición dos resultados da represión”

A Coruña: Alfredo Suárez Ferrín
Vigo: Emilio Martínez Garrido
Santiago: Ánxel Casal
Ferrol: Xaime Quintanilla
Ourense: Manuel Suárez Castro

A Guarda: Manuel Noya Gil e Brasilino Álvarez Sobrino
Amoeiro: Castor Sánchez Martínez
Arzúa: Juan Manuel Vidal
Becerreá: Rudesildo Fernández Vilor
Betanzos: Tomás López da Torre
Bueu: Xohan Carballeira
Cabanas: Álvaro Puentes
Castro de Rei: Severino Rivas
Cedeira: Manuel Fernández Freijeiro
Cuntis: Manuel Rodríguez Sangiao
Fene: Ramón Souto
Fisterra: Cipriano Fernandez Brage
Gomesende: Celso Pérez
Lavadores: José Antela Conde
Marín: Antonio Blanco Solla
Moaña: José Fandiño Pidre
Mugardos: Juan Prieto Balsa
O Barco de Valdeorras: Abdón Blanco García
O Carballiño: Aquilino Sánchez Rodríguez
O Grove: Xacobe Barral Otero
O Incio: Manuel Díaz
Redondela: Telmo Bernárdez
Ribadavia: Benito Gallego Montero
Sada: Antonio Fernández Pita
Serantes: Alejandro Porto Leis
Silleda: Emilio Alonso Paz
Sober: Daniel Álvarez Carnero
Valga: Celestino Carbia Campaña
Verín: Carlos Reino Caamaño
Viveiro: Balbino Cerdeiras Rey

3 gústame