O #traballandoenlingua analiza en Carballo a situación do galego no ámbito socioeconómico

Representantes do eido da lingua e do sector empresarial reuniranse os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo para traballar – con motivo do curso de verán #traballandoenlingua organizado pola Universidade da Coruña. Durante istes dous días farase un repaso polo uso e o prestixio do galego no sector socioeconómico.