O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.
O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che cómpre!
As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente.
Cada día na nosa cabeza,
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.
Podes ouvilo e descargalo na páxina da banda, Tamén está dispoñibel " A onda Sonora" e os machucos das pezas feitas pola banda…