O Proxecto Socheo é unha iniciativa que quere localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na Guarda e no Baixo Miño

Atopámonos así ante o pioneiro do cinema na Guarda. No seus filmes poderemos ver escenas familiares na casa que o fotógrafo tiña en Mazaracos, escenas do campo filmadas no Castro, as festas de setembro da Guarda e imaxes do barrio da Marina. Son imaxes cun forte carácter etnográfico, unha consideración que fai destas imaxes uns documentos patrimoniais de grande magnitude.

Para seguiren nesta liña, os seus impulsores solicitan a colaboración de todo aquel que teña gardadas algunha gravación. Emigrantes, mariñeiros, turistas, veciños en xeral … todas teñen valor. As imaxes analóxicas que se facilitan a Socheo dixitalízanse e se editan adecuadamente sen ningún custe para o particular.

2 gústame