O investigador Eliseo Fernández descubriu un informe desclasificado polo MI6 no que se fala sobre o galeguismo no exilio

No informe da espionaxe británica tamén se dá conta da creación do Consello de Galiza, que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo, a través doutra carta de Castelao a Pi Sunyer

O documento, no que se fala da oposición antifranquista en Cataluña, Euskadi e Galiza, referencia un 'Index to report on anti-Franco Spaniards’, onde aparecen sinalados dirixentes nacionalistas como Xerardo Álvarez Gallego, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Sebastián González Paz, Rodolfo Prada ou Elpidio Villaverde.

Nun dos textos, o MI6 fala dunha carta na que Castelao se dirixe a Aguirre en 1943: “Nós os galegos nacionalistas considerámoste o líder indispensable de Galeuska, estando Companys morto e tendo en conta que o Estatuto galego non foi promulgado e nós tampouco tivemos goberno propio, é evidente que es o máis cualificado para dirixir as actividades conxuntas de vascos, cataláns e galegos, non só de cara á realización dos nosos comúns ideais nacionais […], e tamén para establecer unha orde democrática en España sobre as cinzas da historia recente”.

O pacto de Galeuska fora asinado o 22 de decembro en México, tal e como se afirma no informe, para “intensificar a acción conxunta e os esforzos contra o Goberno de Franco, opoñerse á restauración da monarquía e loitar polo dereito de autodeterminación”, entre outros argumentos.

No informe da espionaxe británica tamén se dá conta da creación do Consello de Galiza, que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo, a través doutra carta de Castelao a Pi Sunyer

1 gústame