O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa, que vén de editar Laiovento. Os dous responderon as preguntas de Praza

O RDL 16/2012 é un tremendo salto atrás na historia. É un retorno a un pasado de desprotección e desamparo da cidadanía

España ocupa o segundo posto mundial en consumo de medicamentos e o noveno en tecnoloxía, explica M.L. Lores. E a débeda do Sergas é, sobre todo, coa industria farmacéutica e de tecnoloxía, precisamente (40% da débeda sanitaria a primeira e 33% a segunda)

No entramado que se move arredor dos centros sanitarios públicos hai tramas de todo tipo, conflitos de interese manifestos e portas xiratorias que funcionan con todo descaro. Buscan, con distintas estratexias pero co mesmo fin, facerse co maior bocado posible dos orzamentos sanitarios (que representan o 30-40% dos orzamentos das CCAA). Desde as multinacionais farmacéuticas e as grandes empresas da tecnoloxía sanitaria ata as empresas de catering ou de seguridade. Os lobbies, os grupos de presión, as conexións co poder político: todo vale para facerse cunha parte do pastel. Neste capítulo do libro cítanse numerosos casos de empresas e persoas implicadas neste xogo lucrativo.

2 gústame

O feijoeismo aplica-lhe à Galiza a “sorte de Varas”, já sabem o que virá logo…e mentres a jogarmos

http://www.picadoresybanderilleros.com/varas.php

Beijos Helena