O galego e a súa relación co portugués, a debate nos US

O profesor Regueira referiuse, entre outros aspectos, a como os trazos fonético-fonolóxicos do galego e o portugués son resultado de múltiples factores e rebordan o ámbito do contacto lingüístico, ó estaren relacionados con múltiples parámetros lingüísticos e sociolingüísticos. Así mesmo, ó debulla-las investigacións realizadas tanto no portugués coma no galego, este experto referiuse a como os falantes son, ás veces, os que desmontan algunhas das explicacións achegadas desde certas análises lingüísticas.

3 gústame