O fotógrafo fincado na Pontenova, Vicente Ansola, publica 'Aldeas sen voz'

Paisaxes oníricas, retratos cheos de forza, guiños á pintura con verdadeiros cadros fotográficos que lembran estilos e obra de Johannes Vermeer ou Antonio López, a Piet Mondrian, a Paul Klee, ou ao propio Vincent van Gogh, que a mirada áxil do lector observador pode detectar rapidamente. E homenaxes ao “Rural Art”, como o define o propio Vicente Ansola.

Imaxes nas que se representa o abandono do rural e o deterioro de aldeas que, outrora, foron xerme de vida, convivencia e subsistencia. Imaxes que tentan concienciarnos da necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico como no social e de servizos.

http://www.editorialcanela.com/index.php/id/46/objeto/223

No Progreso:

Ansola entende este proxecto coma unha continuación de, “‘Os pobos dás néboas”,’ e nel foi reunindo traballos coma os realizados para o premio Hasselblad que gañou en 2012, outros expostos no Museo do Pobo Galego hai tres anos, e retratos e instantáneas sobre a rodaxe na Pontenova da curta ‘"Adivina quién viene a comer mañana’"…

2 gústame

Unha persoa que tivo o libro na man, díxome que está moi ben editado, que é unha marabilla e que vale moito máis do que custa.

1 gústame

As fotos son lindas e fortes, inda que non comprendo o emprego da cor.

Como estou trastornado por facer parte dun pobo colonizado o primeiro que se me ocorreu foi que se podian aquelar estes currunchos de monte para centros de turismo rural, sinalizar en espanhol, anuncialos por toda Espanha, conceder a exploracion a agencias grandes, de ambito espanhol e ires inda mais longe: anunciar internacionalmente PERO ESTRITAMENTE CIRCUNSCRITO NO AMBITO DA ESPANHA I EN ESPANHOL. Esto vai traer trabalho para a GZ ou seja que espero que non protesten os nacionalistas de sempre (os nacionalistas gayegos).