O "falso mito" do matriarcado en Galicia convence e triunfa no Festival de Sundance

‘Matria’ trata de visibilizar o “falso mito” do matriarcado en Galicia. “Hai anos eu mesmo defendino, pero é irreal”, resaltou este cineasta, despois de obter o gran premio do xurado en Sundance na categoría de curtametraxes. O filme narra en vinte minutos un día na vida de Ramona, unha muller que apenas se comunica co seu marido e que traballa nunha fábrica de conservas. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une coa súa filla e a súa neta para saír adiante.
Nun clima de forte reivindicación do movemento feminista en Estados Unidos, o director galego valorou a boa acollida que tivo o seu curto. Tamén se mostrou agradecido polas numerosas reaccións que tivo o seu visionado por parte de distintos colectivos, entre eles nativos americanos que “tamén viven nunha sociedade supostamente matriarcal”. “Identificáronse moito”, dixo.

2 Likes