O que fixo Ackermann foi darlle instrucións a Daniel de Isabel sobre cómo facer as obras a través do teléfono e do correo electrónico. Ackermann limitouse a dirixir o traballo da exposición dende o seu estudo en Londres, tentando imitar os procesos das sociedades offshore e dos seus actores.
O concepto baséase na teoría do filósofo Robert Nozick da “man invisible”, ou en palabras de Ackermann, “ordes que dan a impresión de que foron creadas por unha autoridade central”, segundo explica o artista alemán en The Guardian