Nun meu blog (onosopatrimonio.blogspot.com) relaciono case 15.000 xacementos do paleolitico, mámoas, pedrafitas, petroglifos, castros, pezas e xácigos romanos, pontes, mosteiros e castelos

http://patrimoniogalego.net/index.php/82458/2016/02/xabier-moure-as-administracions-publicas-pasan-do-noso-patrimonio-non-so-non-os-ponen-en-valor-senon-que-permanecen-impasibles-ante-as-agresions/

Hai unha pía de anos, unha amiga máis eu achegámonos ata a igrexa mosteiral de San Salvador de Asma, en Chantada. O amable sacristán foinos contando quen eran todos os santos que había nos retábulos. Mais, cando chegou ao último, díxonos que lle daba algo de vergoña falar desa imaxe porque estaba presente unha muller. Dixémoslle que non se preocupara, que podía falar sen problema. Dito e feito, colleu unha escoba e co mango levantoulle o saio á talla ao tempo que nos dicía: “Aí tedes o único santo con pito”.

Noutra ocasión, preguntámoslle a un home que levaba a pacer o gando onde quedaba a anta de Abuíme, no Saviñao. Como non nos entendía o que andabamos a buscar, démoslle outros nomes ao monumento: medorra, mámoa, dolme, etc. Pero nada. Cando xa marchabamos, chamounos e, poñendo os tres dedos dunha man como na iconografía de Cristo bendicindo, díxonos: “Falades dunhas pedras fincadas así?”

Hai algún tempo enviei uns machados neolíticos localizados en Baralla e Cervantes (os únicos atopados ata o presente na comarca dos Ancares) que os editores consideraron non publicar porque se trataba duns achados illados e descontextualizados, decisión coa que non estiven de acordo, e así llo fixen chegar

4 gústame

Chuço mesmo que a afirmação de Xabier Moure é rotundamente falsa.
As administrações públicas não “passam” do nosso património.
Procurem na rede “Isis galego” e verão como tratam o nosso património

2 gústame

Pois eu busquei-no e so encontrei:

1 gústame

o mesmo que atopei eu :grinning:

Oh Fuck! Isis gaLLego era a cousa: https://www.google.es/search?q=isis+gallego&oq=isis+gallego&aqs=chrome..69i57.3599j0j1&sourceid=chrome&ie=UTF-8

Pois tambem aparecemos nesses resultados, polo menos a mim em oitava posiçom: https://chuza.gal/t/o-isis-gallego-avanca-sem-freo/145ç

Acho que o SEO de Chuza está melhorando muito.

1 gústame
2 gústame
1 gústame