Nova inxección económica de máis de 800.000 euros da Xunta aos medios tradicionais

#Nova inxección económica de máis de 800.000 euros da Xunta aos medios tradicionais :rabbit:

A Xunta de Galicia, gobernada polo PPdeG, está a utilizar o diñeiro de todos os galegos para manter os medios tradicionais de comunicación de Galicia. O DOG do pasado mércores recollía, novamente, unha nova subvención aos medios tradicionais por máis de 800.000 euros euros só para o primeiro cuadrimestre deste ano.

Especialmente chamativo é que, máis da metade dese diñeiro vai parar os bulsos de Santiago Rey, editor e dono do Grupo Voz.

Entre os convenios subvencionados están o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación e o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia no ano 2016, a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2016 e a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela en El Correo Gallego e La Voz de Galicia. En total, 840.000 euros.

Baixo o pomposo nome de “convenio de colaboración para o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios de Galicia no ano 2016”, a Xunta decidiu repartir máis case 170.000 euros entre as versións dixitais dos grandes medios. Curiosamente, e a pesar de que estas axudas van destinadas a edicións electrónicas, ningún dos medios nativos en internet, entre eles GC, foi suxeito destas subvencións.

Artigo de Galicia Confidencial, ligazom arriba.

4 gústame

A viagra de Sabón

(Amtega) destinará case 320.000 euros paracontinuar a externalizar os contidos e o soporte técnico de dúas webs da Xunta; o Portal Galicia Aberta, dependente da Secretaría Xeral de Emigración, que ata agora xestiona o Grupo Voz, e o Portal Eido Local, dependente da Vicepresidencia.

1 gústame