A min indíganme, entre outras cousas, a hipocrisia, as dobles varas de medir, os ataques á unidade dos galegos, o medioambientalismo de pega, os movementos políticos involutivos que afectan ao progreso do meu entorno, e a obstinación nos erros tralos razoamentos en contra. E os vosos comentarios entraban en todas esas categorías.
Non sei se serás un ser ultrapacífico, ao que un comentario formalmente tallante pero respectuoso, como os meus, lle parece violentísimo. Pero dubídoo moito, porque as redes están repletas de cousas ben peores, e tamén son frecuentes os casos dos que fuxen por conveniencia do tema principal dun debate para facerse as vítimas dun xeito semellante ao teu.
Tampouco me creo que defendas en serio que non haxa autovías na costa suroeste.
A A-76 constituirá unha vía directa de conexión do sur de Galicia coa cornixa cantábrica e Francia, articulará todo o centro-leste do País, comunicando o terzo suroeste (provincia de Pontevedra, vía Ourense) e o centro-oeste (Santiago e comarcas satélites, vía Monforte) galegos, con aquel e o Bierzo, constituirá unha moi necesaria diagonal ás dúas autovías a Castela (que en Galicia van paralelas), comunicará o oeste da provincia de Ourense, tanto co sur (de feito xa no seu hinterland), como co norte, da de Lugo (incluso podería ser óptimo aproveita-lo trazado desta A-76 entre Ourense e Monforte para face-la futura autovía entre Ourense e Lugo, se che preocupa tanto o aforro e pouco a previsíbel indignación en Chantada), e tamén co leste da de Ourense (ata agora ambas metades do surleste galego están tan feblemente conectados que algúns arbitristas costeiros do independentismo pretendían entregar Valdeorras a unha “rexión” con capital en Ponferrada), e tamén achegará ao resto do país á populosa Galicia irredenta berciana, por non falar dos beneficios para o dinamismo empresarial (vinícula, turístico…) da Ribeira Sacra (entendida como comarca natural, non do cauce dos canóns do Sil, polo que esta autovía NON pasa).
En definitiva: unha aposta estratéxica para o País á que só é posíbel opoñerse coherentemente defendendo a demolición de tódalas autovías (e aínda así, preguntaría a quen tal dixese por qué non o fixo antes).