Manuel Iglesias fabricou durante a súa estanza na República Argentina o primeiro coche do país,

… e aínda que morreu ignorando a transcendencia da súa obra, este sábado a pontevedresa localidade de Vila de Cruces, da que é natural, descubriu unha réplica en ferro deste vehículo.

Iglesias aprendeu o oficio de carpinteiro e entrou como empregado do Ferrocal Central Arxentino. En 1903 pediu o traslado á cidade de Campá (Argentina) onde comezou a construción do primeiro coche do país, que consolidou a pegada galega na sociedade arxentina.

O proceso durou catro anos, e todas as pezas foron realizadas polo veciño de Vila de Cruces. A carrocería estaba constituída por un asento de madeira con capacidade para dúas persoas, e o arranque manexábase cunha manivela. Ademais, non tiña acelerador e a súa velocidade máxima era de 12 quilómetros hora.

1 gústame