Máis unha vez, mestres asasinados en Oaxaca nun conflito laboral


Máis unha vez en Oaxaca e máis unha vez mestres. Este territorio mexicano volveu ser escenario dun novo episodio no que a comunidade escolar (quer mestres, quer alumnos ou quer as súas familias) poñen os mortos mentres as forzas de seguridade e o Estado acumulan sospeitas. Máis de 800 efectivos da Policía Federal empregáronse a fondo para poñer fin a un protesto de mestres en Nochixtlán, onde mantiñan desde hai case unha semana cortada un acceso terrestre para denunciar a detención de varios representantes do colectivo así como as políticas privatizadoras do ensino impulsadas polo executivo. O resultado, 6 persoas mortas e perto dun cento de feridos, para alén de 21 detidas.

2 Likes