Co apoio de Selecta Visión que puxo medios, a licenza e algúns agasallos para o mecenado; lansouse recentemente unha campaña en http://www.lanzanos.com/v2/proyectos/dragonball-z-a-batalla-dos-deuses-en-galego/ para recadar cartos coa finalidade de dobrar ao Galego a película "Dragon Ball Z: A Batalla dos Deuses" (Doragon Boru Zeto: Kami to Kami) na súa versión extendida, nun prazo máximo de 90 días e cun custo de 8.300 € (IVE incluído).
O obxectivo é ter de volta a Son Goku e aos demáis coa dobraxe de sempre, nunha película imprescindible para entender todo o que está por vir nesta nova etapa de Dragon Ball.
2 Likes
Um pouco cara a dobraxe, nom? Quantas horas de trabalho e quanta gente fai falta para fazer umha dobragem?
1 Like
Non teño nin idea de se é caro ou barato; simplemente pareceume interesante a nova (cousas de ter visto moito Songoku cando era máis novo)
Respecto a todo o que fará falla supoño, que alomenos necesitarase:
- Traductor, para pasar do xaponés ó galego todo o guión da película.
- Director de doblaxe e se cadra algún técnico (currante) que marque os tempos, intervencións, revise, etc.
- Actores de doblaxe (o ideal sería que fosen os mesmos que dobraron a serie orixinal), e supoño que cobrarán segundo un convenio un fixo e un variable en función do número de intervencións e texto.
- Técnicos de gravación.
- Técnicos de mezcla.
Ademáis haberá que pagar custes de producción, licenzas, xestións, etc.
1 Like