La ventura va guiando nuestras cosas mejor de lo que acertáramos a desear; porque ves allí, amigo Sancho Panza

Nas súas conclusións, inciden en que “a costa norte de Galicia ten unhas excelentes condicións de vento para a explotación da enerxía eólica mariña, a pesar de que moitas das áreas non se poden explotar debido a problemas que afectan a outras actividades: a pesca, o turismo e a vida silvestre”.

En opinión dos tres especialistas que asinan o artigo, “o principal problema desta costa é a ausencia dunha gran plataforma continental, polo que non son posibles as típicas cimentacións mariñas monopilte” como as utilizadas no Mar do Norte. Polo tanto, serían necesarias plataformas “máis caras”, avisan, aconsellando a instalación de plataformas semisomerxibles, que serían “a mellor solución”, cun total de 14 unidades.

1 gústame