José Cornide Folgueira Saavedra, o coruñés informante para entregar o sul do Miño

Como tal, morreu en 1803, en Madrid. A súa casa da Coruña foi adquirida, en 1962, por Pedro Barrié de la Maza, na cantidade de 305.000 pesetas e ofrecida como galano aos Franco.

Igual foi nesta casa onde se esfumaron os soños de Franco invadir Portugal…

.A ocupación do Porto, por exemplo, asígnalla Cornide ao exército da Galiza, que entrando por Lobios e a Portela do Homem, chegaría rapidamente a Braga e de aí a Porto, da que só dista oito leguas e apenas ten unha vella muralla para a que nin se precisa artillaría. Se houbese algunha resistencia no forte da Foz, desde Vigo traeríase unha frota que desembarcaría en Matosinhos con soldados e alimentos. Ocupado Porto, “se entregarán sin dificultad todos los pueblos de la provincia de Miño”.

1 gústame