Industriais e Reais fábricas de Narón en tempos da Ilustración [doc. Calameo]

Entre o sec. XIII e XV, era Ferrol unha florecente vila comercial e mariñeira, exportadora de peixe e viños brancos de calidade, ate sufrir por vez primeira unha brutal reconversion industrial a mans do rei castelán, Felipe II, que colapsa as actividades dos secadoiros de peixe e polbo das saíñas do Pereiro, herdadas dos comenzos da idade media, e o comercio, canda as exportacions da nacion toda, cerne daquela do trafego maritimo internacional. Temos logo a istas alturas, incautación da frota mercante, selectivo “afundimento e desguace dos pesqueiros sobrantes (dornas e traiñeiras)”, descepado intensivo de bacelos e arrincado das barras de sustento das mesmas, separadas polo xeral en eidos de 4000 xornais que viñan sendo a medida de superficie que podia atender unha persoa ao dia), a ruina 1.0… (pax 20)

Outras obras sobre a Terra de Trasancos:

“Los molinos de Bermudez en Puente* Lambre y la molinerïa en Ferrol y Betanzos en el siglo XVIII y XIX” de Fernando Urgorri Casado

“… o escuro e saboroso trigo do país, de grao moito mais cativo do que o de Castilla, e de meirande poder alimentario, vense realizando co cultivo alternante propio da Terra de Trasancos, un ano de trigo, outro de centeo…”

“… A pesar de la mayor poblacion comparativa de Galicia, ( informa o lacaio enviado a estudar a comarca para a corte castela, Alfonso López) […] … se podrá formar idea de lo deplorable de su agricultura, reparando en que sus productos, muy lejos de sobrepasar o igualar a los de producción industrial, non son más que unas 5/7 partes de estos…” (pax 27)

"… O Pacto de Familia, asinado en 1761 coa France polo rei castelán, Carlos III, leva a ista nosa patria ao conflito coa coroa portuguesa e a inglesa, á escaseza de cereal que alarma na corte castela, e trae a chegada duns activos franceses que se asentan na vila… Jean Lembeye, François Bucau e Mathias Dufoaire, Jacques Beaujardin ou Jean Lesteche, da vila francesa* de Viana, segundo rexistra, Meijide Pardo.

As leas nas que ficamos prendidos nosoutros e Lisboa, veñen polo reparto do botín das colonias na América, e a inimizade persoal entre os esbirros (ministros) de ámbalas dúas cortes, o Pombal e o Grimaldi, e prolangaríanse até 1777…" (pax 31)

1 Like