Imprensa subvencionada na GZ alerta da falta de vivendas de aluguer

Hoje terça feira, 30 de janeiro de 2018, as capas dos principáis jornáis galegos denunciam necessidade de vivendas de aluguer na GZ. Seica não hae vivendas valeiras? As noticias citam como fonte a “Federación Galega de Empresas Inmobiliarias” (Fegein), falam do impacto da vivenda para férias (ou eu diria gentrificação), fazem pensar que é o momento de investir na construção, e transmitem um sentimento de urgencia de que hae que construir agora mesmo ja porque levamos moito retraso. Alghém sabe algo para contrastar?

A noticia nas capas do CorreoGallego, aVozDeGalicia, FaroDeVigo e AtlánticoDiario.

image


image


image


2 gústame

Bo día compañeiro,

Obrigado pola partilha!, eu non teño info para constrastar, máis (por intuición ou experiencia) estes titulares adoitan estar relacionados con intereses económicos moir concretos.

Entendo que se quere transmitir (para retomar a economía do ladrillo e beneficiar a construtoras e promotoras) que é o momento para mercar chan e construir vivenda nova, cando a centos de miles de vivendas antigas e tamén novas que están sen habitar (sen contar coas que “roubaron” os bancos).

Doe, porque se á xestión económica por parte da Administración e o sector empresarial tiveran o foco no longo prazo, vendo a compatibilidade entre a obtención de beneficios empresariaias, e a comercialización da vivenda a un prezo asequible (en aluguer e venda), viviríamos nunha sociedade máis sá e rica…

… Máis os de embaixo aprendemos desta crise… as de enriba desexan volver ao “vello”… botan en falta a orxía do pelotazo.

Esas son as miñas impresións. Saúde!

3 gústame

Eu alá onde vou, sexa vila, cidade, aldeia ou lugar, non vexo máis que predios e quintas baleiras, para venda e para alugar. O de alugar é menos do gusto da xente que a venda por mor dos problemas na xustiza en caso de impagos, mais isto xa se arranxara cando o bipartito criando para a xente máis conservadora o Banco de Vivendas de aluguer, que garantía o estado do predio e o cobro dos alugueiros, permitindo unha maior mobilidade xeográfico-habitacional a quen o precisar.

2 gústame