Homenaxe a Agustín Fernández Paz no norte

O escritor vilalbes chegou a Mugardos nos finais dos anos 70 para traballar na escola Unión Mugardesa, que sería o xermolo da Nova Escola Galega no ano 1983. Alí tamén agroman as primeiras escritas

Será o vindeiro venres 17 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio de Ferrol.

A recollida de billetes para o acto (desde o xoves 9 ao venres 17 de febreiro) poderá facerse de martes a sábado na billeteira do Teatro Jofre, de 11 a 13h e de 18 a 20h. Ademais, o propio día da gala estarán dispoñibles no Teatro Jofre (de 11 a 13 horas) e no propio Auditorio de Ferrol dende dúas horas antes do evento.

1 Like