Historia da Literatura Galega

http://literaturagalega.as-pg.gal/index.html

Coñecemos literatura escrita en lingua galega desde principios do século XIII en adiante. Claro está que o galego, como lingua con existencia social plena, oral, normalizada, existía antes. Podemos considerar que desde o século IX, momento en que o cambio cualitativo a respecto do latín é tan evidente como para aceptar que estamos perante unha lingua del derivada, isto é, románica, o galego. O seu territorio inicial, o berce, ía desde Ortegal deica o Douro, sen que o Miño constituíse fronteira ningunha de tipo lingüístico ou cultural. Foi, pois, unha unidade lingüístico-cultural que, practicamente, permaneceu así até meados do século XIV. Se hai que falar de galego-portugués nesta etapa medieval é, sobre de todo, desde a “independencia” política da Galiza do Sul, co nome de Portugal, con Afonso Henriques que se titulou rei en 1139 para deixar ben sentado o seu criterio autónomo a respecto das relacións con León e Castela, e a súa decidida aposta pola política de expansión cara ao Sul, e non privilexiar as interferencias nos reinos situados ao leste da Galiza.

Porén, a Galiza até o Miño, a que ficou con este nome, seguirá sendo un reino de seu, aquel perfeitamente estabelecido desde o rei Ordoño I (914-924). Desde esta época até fins do século XIII, a Galiza era o reino preponderante política, económica e culturalmente entre todos os do Occidente peninsular. Os seus reis, aínda séndoo tamén de León e mesmo de Castela, pertencían a grandes familias nobiliarias galegas, eran desta lingua, ou ben, educados no noso país. Non tiña unha causa puramente estético-artístico a expansión do galego-portugués como lingua lírica na Península Ibérica durante este período. Tiña unha causalidade político-cultural e económica.

Precisamente, o fillo de Dona Urraca, neto de Afonso IV (VI de León), primo de Afonso Henriques de Portugal, D. Afonso Reirnúndez, foi custodiado desde meniño polo Conde de Traba. Foi coroado rei de Galiza na basílica de Santiago (1111) como Afonso V, e mais tarde emperador dos reinos occidentais, sendo coñecido como Afonso VII. Os reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VI (IX de León, 1188-1230) viviron habitualmente na Galiza, malia seren reis de León e Castela tamén.

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Davoedam1&id_edicion=Davoedam1001&cabecera=<a+href%3D"ficha_obra.jsp%3Fid%3DDavoedam1%26alias%3DMarta%2BDacosta"+class%3D"nombreObraPaxina">Da+voz+e+da+man+das+mulleres<%2Fa>&alias=Marta+Dacosta&formato=texto

> Rosalía como antecesora de V. Woolf. Carta a Eduarda.

 Rosalía de Castro, a quen hoxe recoñecemos como a grande poeta nacional que dá inicio á recuperación da nosa literatura, experimentou a negación á que a sociedade somete ás mulleres. Rosalía non podía ser invisibilizada, por iso foi negada, como muller e como escritora, e así o recolle ela mesma no texto Las literatas. Carta a Eduarda.
 "Por lo que a mi respecta, se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal. Versos, prosa, bueno o malo, todo es suyo; pero sobre todo lo que les parece menos malo, y no hay principainte de poeta ni hombre sesudo que no lo afirme. ¡De tal modo le cargan pecados que no ha cometido! Enfadosa preocupación, penosa tarea, por cierto la de mi marido, que costándole aún trabajo escribir para si (porque la mayor parte de los poetas son perezosos), tiene que hacer además los libros de su mujer, sin duda con el objeto de que digan que tiene una esposa poetisa (esa palabra ya llegó a hacerme daño) o novelista, es decir, lo peor que puede ser hoy una mujer."13
 Este texto foi publicado no Almanaque de Galicia no ano 1865, sesenta e tres anos antes14 de que Virginia Woolf realizase as conferencias sobre Muller e novela na Arts Society de Newham e na Odtaa de Girton (en outubro de 1828) para as universitarias de Cambridge e que logo darían lugar á publicación do ensaio Un cuarto de seu, o que se vén considerando texto referencial á hora de reflexionar sobre o papel das mulleres e, especialmente, das mulleres escritoras.15
 En Las literatas Rosalía pon de manifesto a negación á que a somete a crítica, unha crítica patriarcal incapaz de asumir os valores da intelixencia e a calidade artística a unha muller. A mesma crítica que trasladou a través do tempo unha imaxe distorsionada de Rosalía, unhas veces atribuíndo ao seu home a súa capacidade literaria, outras veces minimizando o valor real dos seus textos. Ilustra perfectamente esta situación Francisco Rodríguez na súa, aínda non ben ponderada, Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro16 ou Mª Pilar García Negro no estudo introdutorio á edición de El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas17 onde recollen opinións publicadas por Alonso Montero ou Umbral. Repárese no escaso valor que Alonso Montero concede á obra da nosa autora cando di dela que tiña unha pobre conciencia da realidade ou das posibilidades dunha cultura en galego. Só a lectura do prólogo de Cantares Gallegos ou da súa adicatoria botan por terra estes argumentos.

http://www.galicia21journal.org/C/pdf/galicia21_1_Barreto.pdf