Grupo da UDC á procura de novos xeitos de climatizar os espazos

“Atopámonos nun contexto, acelerado ademais pola guerra en Ucraína, no cal queremos deixar de depender do gas natural. Debemos deixar de facelo a partir do ano 2026, e empezar a promover o uso das bombas de calor. O problema? Que hoxe en día só un 2 % de todas as casas e todos os edificios que se atopan dentro de países pertencentes á Unión Europea utilizan estes sistemas”.