Gallaecia Biliguis critica que a mocidade de Lucus non saiba un latín correcto

Segundo informou a garda do centurión romano, un grupo de mozos celtas militantes da formación nacionalista Nova Gallaecia foron detidos despois de que fixeran unha pintada na muralla de Lucus Augusti. A patrulla policial observou que escribiran Romanes eunt domus na fachada sur da muralla o que foi motivo de reprimenda pola baixa calidade do latín usado. “Gente llamada romanos ir la casa?”, preguntaron inquisitivamente aos mozos mentres lle tiraban das orellas. Foi nese momento cando a brigada obrigou a corrixir a pintada e a castigalos a escribir cen veces a frase correcta Romani ite domum. O que considerou suficiente castigo xa que os mozos fixeran, ao lado, outra pintada coa palabra “Indepentia” seguramente produto ou ben da dislexia ou da hidromel con tónica que tomaran.

Ligada: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/galicia-bilingue-impulsa-ilp-poder-estudiar-todo-castellano/idEdicion-2017-07-04/idNoticia-1063208/

o_O :astonished: O_o