Galiza achegou a súa renda á media estatal e europea pero a costa de reducir notoriamente o seu peso poboacional e, consecuentemente, político

López Iglesias afirma, e demostra con números, que Galiza deixou de ser unha economía rexional, especializada na produción de alimentos que se vendían no resto do Estado, para converterse nunha economía moderna, aceptabelmente internacionalizada, cun goberno autónomo que administra un orzamento que supón o 20% do PIB, é dicir dotado de certa capacidade para dirixir a economía.

López Iglesias lembra tamén que, entre 1960 e 2010, tanto o PIB galego como a renda per capita dos galegos multiplicáronse por cinco. A razón hai que buscala na redución vertixinosa da economía campesiña (un proceso que noutros países levou 150 anos e que aquí se realizou en 30) e no conseguinte aumento da produtividade

1 gústame

Com certeza. Quanta mais gente morre ou é morrida medra a renda, baixa o paro e há menos famintos revoltados, por isso a saída final das crises capitalistas é sempre a guerra.

1 gústame

E que xa vin varias veces o conto ise explicado por sesudos e sesudas de diferente raza . E por iso que colei ise párrafo. Xa apuntei do mesmo vimbio en :

“… A pesar de la mayor poblacion comparativa de Galicia, ( informa o lacaio enviado a estudar a comarca para a corte castela, Alfonso López) […] … se podrá formar idea de lo deplorable de su agricultura, reparando en que sus productos, muy lejos de sobrepasar o igualar a los de producción industrial, non son más que unas 5/7 partes de estos…” (pax 27)

Encántanme e ao carallo.

Ligada: