Concedéronse axudas para Servizos San Roquiño (Monfero), Funeraria Martínez (Oroso), Tanatorios Pombo Vázquez S.L (Serra de Outes), San Campio Ayón, S.L (Lousame), Manuel Iglesias Calviño (Val do Dubra), Gonzalo Tome Sieira (Negreira), Funeraria San Juan de Touro (Touro), Valiño Mosteiro (Santiso), Pompas Fúnebres de Arosa S.L (Catoira), Pompas Fúnebres de Tomiño (Tomiño), Pompas Fúnebres A Cañiza (A Cañiza) e Tanatorio Xirón (Becerreá). Nalgún caso o que se subvencionou xa non foi a casa mortuoria, senón a adaptación dun local para tanatoestética, é dicir, para acicalar aos defuntos. Tal é o caso de Funerarias Lamas de Sarreus, que recibiu máis de 20.600 euros para este fin.
As axudas do Programa Leader canalízanse a través dos chamados Grupos de Desenvolvemento Rural. Neles colaboran administracións, asociacións e a iniciativa privada. O certo é que a maioría dos que tramitan axudas, uns 30, non exisitía até a posta en marcha do Programa Leader.
Son numerosos os exemplos nos que o tanatorio foi a única iniciativa subvencionada -caso de Catoira- ou a que recibiu a maioría dos cartos, caso por exemplo de Lousame, parte do GDR de Noia.