"Feira Celta" de Porto Do Som contrata antroidada com dinossáurio e outros fantásticos apanhos

Carta aberta ao Responsable da Feira Celta de Porto do Son;

Este venres pasado, día 26 de xullo, atraídos pola propaganda da Feira Celta de Porto do Son, varias persoas visitamos tal evento. Ante a magnitude de falsedades históricas e de ambientación que observamos en dita feira de recreación tomamos a determinación de puntualizarlles as máis aberrantes co fin de evitar tales manipulacións, tergiversacións e mentiras sobre esa época histórica que se viviu nestas terras sobre os séculos VIII a.C. ao II d.C.:

  • En primeiro lugar case toda a simboloxía -sobre todo a do cartel anunciador- non ten nada que ver coa simboloxía céltica que se atopou nos castros galegos que estaban formadas sobre todo por trísceles, rosetas, cruces célticas, nudos de salomón…

  • Nos paneis explicativos sobre relixión ningún dos deuses que se recollen nada teñen que ver con Galicia; Belenos e Tutatis eran deuses galos recollidos de testimonios epigráficos na actual Francia. En Galicia temos unha multitude de deuses ou semideuses ben documentados; Bandue, Coso, Navia, Covertina, Edovio, Reve, Breo, Breogán… É tan decepcionante a información que se dá neses paneis desinformativos que nin recollen ao deus paneuropeo Lug do que se atoparon 6 altares na zona centro de Galicia e un dos máis importantes deuses galos, galeses e irlandeses.

  • A sección da pretendida escritura celta trátase simplemente de runas vikingas do século IX d.C., nada que ver coa cultura celta xa que é ben sabido que os seus druídas, por desgraza, non deixaron nada escrito.

  • O armamento que se recrea na zona habilitada tampouco ten nada que ver coas coñecidísimas armas galaicas; ningunha caetra (escudo redondo) nin espada de antenas, nin lanzas, nin casco galaico, só escudos de cinco pisos con símbolos de comics, espadas de todas as clases menos célticas e cascos de cornos que foron inventados no século XIX por autores románticos británicos.

  • O atrezzo dos figurantes ou vestimenta era unha mistura de Conan o Bárbaro e os cavernícolas Picapedra. Isto é gravísimo porque sobre cómo vestían os celtas galaicos hai hoxe en día moita documentación. Ningún torque, nin arracadas complementos característicos dos galaicos.

  • Tampouco tiñan ningún debuxo ou maqueta de cómo eran os castros celtas, tendo no municipio un dos castros máis importantes de Galicia, o de Baroña.

En fin, víase claramente que contrataron unha empresa de animación de fóra de Galicia (Valencia para ser máis exactos) e nin se preocuparon de darlle un lixeiro toque galego.

É por todo isto que queremos expresar a nosa máis enérxica protesta por este tipo de eventos, que coa pretensión de sacarlle beneficio económico, tergiversan, manipulan, minten e desinforman sobre unha época que hoxe en día está estensamente estudada. Recoméndolles, para introducirse na temática céltica o libro de Antonio Balboa, A Galicia Celta e para o atrezzo e decoración sobre a época Kallaikos de Paco Boluda.

Sen máis, esperando non continúen mal gastando fondos públicos en este tipo de eventos que engañan á poboación galega e foránea, saúdaos atentamente,

Celso Alberte Magariños Costas

Tirado deste post:
https://www.facebook.com/groups/911843469159426/permalink/947660345577738/
(Grupo fechado no Facebook)

5 gústame

1 gústame

A mesma feira celta segundo a’Coz de Gayicia cantando e com alegria (mirem o dinossáurio na foto)

image



image

Cultura de Porto do Som emprega um email de gmail.

image

3 gústame