Falemos galego. Un hino nascido en Bueu

A canción “Falemos galego” forma parte do acervo cultural dende que hai décadas fose popularizada por cantautores como Suso Vaamonde ou grupos como A Roda. Ao tema atribúeselle normalmente unha orixe popular, pero o certo é que ten un autor coñecido: o veciño de Bueu José Diz, que a escribiu a finais dos anos 60 cando formaba parte da comparsa As Pirilleiras. Aquela letra reivindicativa e comprometida co idioma pronto fíxose moi popular e convertiuse en patrimonio de todos. O seu autor segue a compoñer e será homenaxeado co gallo das Letras Galegas.


“Non lembro ben cando foi que a escribín, debeu ser entre 1968 e 1970. Foi despois de que o grupo Nuevas Amistades, con xente de Moaña, Cangas e Bueu, triunfase nun festival en Baleares”, conta Diz. A letra fai referencia a ese fito e pretende ser unha homenaxe a aquel conxunto do Morrazo e a Los Tamara, citados na letra. Pero a canción tamén contiña unha “repudia” a María Ostiz, a que se alude nesa parte do “galego de Madrí, Madrí”.

A composición ten outra referencia moi buenense, que non sempre é ben interpretada. “Cando a letra di que ‘o galego non é novo, que é máis vello que a requisa’ todo mundo entende que esa requisa é o roubar. Pero en realidade a requisa era unha casa moi vella que estaba nun ramal do Can do Penedo e que hoxe xa non existe”, desvela Diz.

O caso é que aquela canción fíxose moi popular en Bueu e moitos dos mozos da vila a cantaban cando estaban a facer o servizo militar en Ferrol. Parece que foi precisamente alí onde Suso Vaamonde a escoitou cantar por primeira vez a aqueles mozos e despois decidiu gravala. O mesmo fixeron máis tarde os membros de A Roda, que a modificaron lixeiramente e a rexistraron facendo constar a súa orixe popular.

José Diz é un home afable e modesto, que se mostra encantado da vida que desfrutou o seu “Falemos galego”. “Gústame moito, pero nunca pensei que fose a ter esa relevancia. Confiaba nela porque tiña compromiso e reivindicaba algo tan noso como o idioma”, sostén. Aínda que non lle gusta reivindicar a autoría da letra, a Asociación Ricardo Gómez Buceta está a prepararlle unha homenaxe co gallo das Letras Galegas.

http://www.gzmusica.com/novas/outras-novas/43-novas/678-o-qfalemos-galegoq-orixinal-en-bon-bueu.html

Sabedes que está de moda,
entre vellos e "yeyesés, a canción galega nova,
que ata cantan os Ingleses,
nós estamos satisfeitos, da nosa fala natal,
e rendímos-lle homenaxe, no tempo do carnaval,
¡car-na-val!.

Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel,
cantades galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella ola
falemos galego na rúa e na escola.

Un recordo pracenteiro
cara as novas amizades
que cantaban en galego
alá polas Baleares
non estamos moi de acordo
cós que cantan por aí,
a cantiga da beiriña, no galego de Madrid
¡ de Ma-drid!

Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel
cantades galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella ola
falemos galego na rúa e na escola.

Os Támara alá moi lonxe
cántan-lle ao Santiaguiño
e din-lle ós casteláns
que te fo… que ten forza o galeguiño
o galego non é novo
que é mais vello ca requisa
pois xa o cantaban os cregos
cando inventaron a misa,
¡ a mi-sa!.

Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel
.cantades galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella ola
falemos galego na rúa e na escola.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=A+Roda&idx=ti&q=falemos+galego&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevance

2 Likes

oes, eu dinlhe na ligação a infolibre e di que hai que facerse socio (=paghar) para ler o couso, ou como era? Ti paghaches?

Non. Por veces fincan artigos libres, mais no seu caso penso que pode ser se entra dende fóra. Probe a entrar polo twitter se iso.

https://twitter.com/victorvicvicvic/status/848980579735531523

1 Like

Efectivamente, podo entrar, e unha mensage arriba me informa que podo ler porque o autor da ligação que empreguei (o post no twitter arriba) é socio.

1 Like