Falando de xéneros en Galiza, a maioría da poboación probablemente coñece só un deles, a regueifa

“Eu destacaría a montaña, a zona do Courel, chegando até Pedrafita e cruzar á parte leonesa, alí aínda lle chaman birindo, brindo, loia, é moi semellante á regueifa, por encuanto se celebraba nas vodas. E iso si que me parece o drama, porque hai outras formas moi interesantes, pero que teñen que ver coa desaparición e coa aniquilación total da sociedade rural, como poden ser os aboios, os cantos de abaular. Pero os brindos están aí, hai xente viva aínda, o Ribeira de Louzarela, o Fontal, que son xente moi maior, sen relevo, non hai estudos, non hai atención, nin sequera como na zona de Bergantiños, onde hai certo orgullo ou coñecemento local, onde se fixeron traballos estes anos…”


2 Likes

2 Likes


1 Like

Aquí, Os Bigornas na baiuca, meten unha quadra que aboia aquén e alén do Minho

1 Like