Faite banqueiro. Tarxetas Black: Todo o que quixeron ocultarche

Este espectáculo, no que participa facendo a selección de textos o galego Sergio Salgado, é unha historia absolutamente real e como tal é dramática, pero, sobre todo, absurda e atrozmente cómica. Caja Madrid (hoxe Bankia), produciu por si soa a sétima parte do buraco de centos de miles de millóns que constitúe a fenda na economía que se
chamou “crise”.

A trama que desvelamos cos “Correos de Blesa” é a trama de como se creou esta “crise”.

Hoxe, aqueles que abrimos o caso Bankia e fixemos que os “Correos” e
as Tarxetas Black visen a luz, imos contar como ocorreu realmente a
historia.

Usaremos palabras textuais que deixaron escritas os banqueiros e
políticos que a perpetraron. Veremos desde dentro, desde a sala de
máquinas, como se crea unha “crise”, pero tamén como, contra todo
prognóstico, cambiamos o final que tinhan previsto.

Esta historia gózase como unha labazada ao silencio desapiadado e rutineiro da impunidade.

Con: Josep Julien, Albert Pérez, Elies Barberá

Mais info en: http://www.coruna.gal/servlet/Satellite?pagename=cultura/Page/Generico-Page-Generica&cid=1322782064351&itemID=1453598845542&itemType=Suceso&argIdioma=gl

1 Like