Etapa final de Chuza: feche da web

Quero abrir este fio para, os que quedemos, falarmos da etapa final de Chuza. Esta claro que o sitio non ten os usuarios que chegou a ter, e o formato web estase esgotando. De feito, coma a estación espacial MIR, durou ainda moito máis do que se esperaba.

Como último responsábel técnico, estou aberto a propostas. De feito, faigo a miña: facer o sitio de so leitura, e abrir, se queredes, unha lista de correo para os interesados nos nosos contidos. A nosa matraca, vamos.

Como data final podemos falar do 1 de decembro desde ano 2022, xa que o dominio caduca pouco despois. Os contidos seran preservados, naturalmente, para os arqueologos dixitais do futuro.

Deixo o fio aberto para que faledes, se queredes aportar algo.

2 gústame

Non sei, a min paréceme un bo lugar para arquivar a historia contemporánea e ver como as cousas van mudando. O certo é que ninguén está a fincar novas, aínda que os marcadores amosan visitas. Só podo dicir que polo prezo do dominio non se ha pechar

1 gústame

Olá!
Acho que o formato de Chuza!, como dis, estase esgotando e a proposta que fas sería moi válida, antes de deixar que vaia todo para o caralho.
Tambem é certo que o problema seja máis de fornecedores de contido (bravo por doceasubio!) que de visitas ao site.
Se aghuantas até o final do ano (esa data que dis), agradezoo. Imos falando.
Apertas per tutti

2 gústame

Olá, pouco participei ultimamente. Mas no global destes anos inda não entendo como não houve mais gente aqui. Eu mesmo ando mais activo no Facebook, inda que de jeito mais “recreativo”. A ver se aprendo algo mirando as stats aqui.

1 gústame

Temos tempo de sobra, por iso eu aviso antes. Está claro que por moi aprezado que sexa ese fornecedor de contido, @doceasubio , acabamos antes facendo un blog, que é máis doado de manter, e até ten mellor SEO.

O da data de expiración do dominio é orientativo, pero ata final de ano dá tempo en cavilar que imos facer con isto. Blog, lista de correo, deixalo como está… o que se vos ocorra, pero está claro que como foro, carecemos de usuarios para termos un.

2 gústame

E agora imos faguer un mastodon GZ ou que?

2 gústame