Páxina orixinal, só en castelán de Chapela ou inglés de Teis <–
Aquí artigo do GC en galego <–
Investigadoras/es do Grupo de Procesado da Sinal en Comunicación do centro de investigación AtlantTIC, da Universidade de Vigo, levan xa máis de dez anos traballando para mellorar a privacidade.
“O noso obxectivo é protexer os datos e dar garantías de privacidade e confidencialidade para todos os usuarios, tanto persoas como negocios”, explica Juan Ramón Troncoso, responsable desta liña de traballo dentro do equipo que dirixe o catedrático Fernando Pérez González.