Emprendemento no rural

Un tema recurrente na Facultade de Economía e Empresa é que, se estamos formando capital humano en xestión empresarial, debería ser fonte de futuros emprendedores nos distintos sectores económicos do país.

Un tema que me trae de cabeza é o maior interese dos alumnos en “investir en bolsa”, e as charlas que organizan cada dous por tres sobre “como gañar diñeiro en bolsa”. Tras quince anos traballando en banca privada, fondos de investimento e mercados de capitais, a min mo van contar… En cambio, o interese por iniciativas empresarias no sector “real” da economía escasea, e hai moito tempo que calquer rastro sobre emprendimento no rural esmoreceu. As facultades de empresa en Galicia non forman sobre emprendimento agrogandeiro, forestal, industrial, comercial ou de calquera tipo, vinculados ao mundo rural.

Benigno Pereira, de Queixería Bama :

“precisamos capital humano no rural. Na miña vila, Touro, non atopo xente nova para traballar. Sitio hai, moito, o que non hai é planificación nin política económica. Francia ten o mesmo problema ca nós de propiedade da terra, ou máis, pero moi distinta política de xestión. E o rural alí prospera”.

2 gústame

Ligada:

Como gañar diñeiro en bolsa ? Xa volo explico eu, que son parvo.

Minaría de datos, ai!