"El tiro más prestigioso" do Manolo

“Recuérdese lo que dice del urogallo la Enciclopedia Larousse de la Caza: el tiro más prestigioso, que justifica todos los desplazamientos”, sostiña o finado ministro franquista e presidente da Xunta. Durante unha das súas habituais xornadas de caza, chegou a haber unha protesta dun grupo ecoloxista que acabou coa intervención da Garda Civil.

A finais da década, no 1979, e á vista dos estragos que causaba a súa caza, decretouse a veda. Sete anos despois, no 1986, a pita do monte foi declarada especie protexida. Pero xa era demasiado tarde.

, http://www.gciencia.com/medioambiental/a-extincion-sen-remedio-da-pita-do-monte-en-galicia/

Hai varias probas, segundo Munilla, que evidencian o factor da caza furtiva como o principal causante da extinción. “É unha especie fácil para cazar. Na época de celo, a comezos da primavera, os machos van aos cantadeiros, onde esperan a chegada das femias. Os cazadores só teñen que agardar, porque os machos están distraídos”. Os datos recollidos por Munilla e outros colegas sinalan que a taxa de declive da poboación era moi superior nos exemplares machos. “Había un factor (o da caza) que os afectaba especialmente”. Máis aínda, como apunta o ecólogo, cando en condicións naturais, os machos son bastante máis lonxevos que as femias.

Desde a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, adscrita á Consellería de Medio Ambiente da Xunta, apuntan máis aspectos, como “a degradación do seu hábitat, o aumento dos predadores, o aumento das molestias en hábitat críticos e, fundamentalmente, o cambio climático”.

Os urogalos já desapareceram da Galiza
tudo esta-se indo embora

É o bom que tem o cambio climático: é responsavel de todo e todos somos culpáveis dele. Esta é uma verdade alternativa, como que investigamos as eléctricas.