E se España fose un estado parcialmente fallido?

Imaxinemos, agora, que o estado é unha persona. E preguntémoslle, “Oia, ten vostede algún plan para impedir, a medio prazo, a despoboación de Soria, Lugo, Huesca, etc.?” Evidentemente, non. E para redistribuír a marmelada da riqueza pola tostada de todo o territorio español? Tampouco. E para reindustrializar España, poñamos, en 15 anos, de xeito que a xente nova non emigre? Ou, por acaso, para frear o deterioro do estado social? E así poderíamos seguir…


Tamén estamos diante dun estado fallido cando en certos territorios —p. ex., nalgunhas áreas de Colombia ou México, que noutros aspectos son auténticos estados— sentimos que “é como se non houbera estado”. Na España non hai territorios, pero si materias nas que é case como se non houbera estado porque non implica gran diferenza, ben pola súa incapacidade (defensa), ben por consentir (Bolonia, políticas europeas anti-crises)…

2 Likes

Boa tarde, agradezo moito esta ligazón de fevereiro pasado, máis eretomo o fío pola vixencia da noticia e das palabras do compañeiro.

Subscribo o que relatas, anda no meu maxín tamén, de feito, se o traio a Gz e o Estado español, entre a falta de responsabilidade á hora de levar adiante políticas a medio e longo prazo nos eidos básicos: vivenda, saúde, educación ou medio ambiente… máis ben vexo que non só non existe unha Administración efectiva en favor da cidadanía, senón que traballa diariamente para intereses económicos privados conb siglas, nomes e apelidos…

… Chegado un punto, e no contexto de crise profunda que estamos a malvivir, se considero que unha Lei non só non vela polos meus intereses como cidadán, senón que ademais pon en risco dereitos básicos,… Contestación colectiva e, chegado o momento, Desobediencia Civil.

Saúde!

2 Likes