É posibel a gobernanza con istes vimbios? A "democracia liberal" é democracia? [cas]

Entrevista a M. Muñiz ( IE school of International Relations)

A tabela da Casa da Liberdade “diferencia entre varios tipos de modelos”, que van dende as tradicionais democracias liberais (deliber) até as ditaduras denin

http://hayderecho.com/2017/04/02/hay-derecho-habla-con-manuel-muniz-sobre-la-gobernanza-del-cambio-de-nuestro-modelo-economico-politico-y-social/

Poderiamos decir que as deliber teñen unha faciana democrática, básicamente manteñen as eleicióes, mais carecen de requisitos imprescindibeis como a liberdade de expresión, de imprensa, de organización política, transparencia ou a rendición de contas.

No caso chinés e outros, a grande cuestión é como vai ser que sobrevivan sen introducir istes alicerces nunha crecente complexidade social da gobernanza. As democracias teñen mecanismos de adaptamento, mais un sistema envarado corre o risco de creba antes ou despois.

Como enxergar a redistribución do capital nun arredor onde o traballo deita cara a irrelevancia?

A crisálide tecnolóxica está a producir unha creba fonda do contrato social que está na base de grande parte dos problemas e debates das nosas democracias

O conto hai que encetalo dende tres prespectivas, coma nos Peares.

  • -Os ingresos dos estados a conta das rendas do traballo. Tracción fiscal
  • -A redistribución, xa que logo, o traballo non vai faguer ise compós. Temos eiquí diversos paxes, coma poden ser o da renda básica, ou a ampliación de servicios mínimos exentos a través dos servicios públicos
  • -Tornar o sector privado que non xera emprego. As empresas teñen que pasar a un enfoque de axentes (stakeholders) no canto de traballar para os accionistas (shareholders). Os axentes xa non son só as persoas empregadas, as proveedoras e a clientela, tal coma no pasado. Teñen que acometer unha labor social meirande. A estrutura empresarial actual e os incentivos non axudan para nada a acadar iste resultado agregado.

Estamos empezando a ver o custo real dista anemia de “resultado agregado” e o abrocho de prexudicados pola fenda social e política, sendo as empresas unha parte importante tamén dos danos. Precismos inserir sostibilidade política niste zumbi, extirpar a solitaria.

De que xogan as entendidas, as académicas nista posta de longo?

Dar a luz o debate, mais o problema é en boa parte un sistema educatico que se costrue esencialmente sobre o estudo do acontecido, o que é interesante suliñar, porque iste non mudaba ata o de agora á velocidade que leva niste intre. Por riba, está a preparar as mentes para uns koljoz que están a desaparecer. Penso que ista “verdade” de que, o coñecemento pasado vai axudar a encarreirar o futuro, temos que revisala. Cando me quixen doutorar cunha tese sobre o porvir do proxecto europeio, dixéronme que non era un tema axeitado.

Niste século o presente aseméllase moi pouco ao pasado recente, e por iso que precisamos arrendar o entendemento da xeración e trasmisión dos coñecementos.

Como faguer para que a mocidade comprenda as mudas que veñen e lles afectan? Vese xa ista fenda xeracional entre ela e quen está dentro do modelo clásico de traballo que non van “disfrutar”?

Por que é que vemos tan positivo longas xeiras nun entorno xerárquico? Podemos liberar moito tempo para o lecer e outras actividades coma a saúde, o coñecemento… Temos que pensar en que traballaremos en labores non ligadas direitamente a un proceso produtivo clásico, que poden ser discontinuas e realizarse para varias clientas. O traballo, parte del, vai desvencellarse da produción de bens e servizos. Hai xa unha xeración a apalpar niste bolo, con varias ocupacións distintas.

Xa me pasa a min na miña vida académica, xa que logo ando a laborar en varios proxectos a un tempo. As vindeiras xeracións terán varias empregadoras, o traballo estará máis descentralizado, na quinta, e subirá a maré da economía colaborativa.

Non é isto máis sinxelo nun entorno académico. Debemos logo mudar a mentalidade, a educación, os anceios?

Pois é, mais hai que lembrar que algo semellante xa ocorrera cando a primeira revolución industrial do XIX, e logo en vagas sucesivas. A xente que deixa a labranza e pasa a depender dunha organización fabril xerárquica, tivo moitos problemas sociais, de violencia de xénero, drogadicción, derivados da falta de adoitamento. Dalgún xeito temos que pensar que en parte voltaremos a aquela economía agraria, con maior liberdade persoal e máis diversidade nas tarefas. Deixaremos de ser unha biela máis para termos unha meirande creatividade, flexibilidade, e innovación. Temos que formar novas persoas.

Non estamos perante un cambio forzado por unha catástrofe natural, ou derivada do suceso dun modelo produtivo, senón diante da liberación de traballar para subsistir, ao sermos quen de producir moita riqueza en troques de moi pouco traballo. Hoxe en día, menos do 3% da poboación dos USA é quen de colleitar para o país enteiro, e aínda así, seguir a ser un exportador neto. Estamos no punto de librar dos traballos repetitivos e rutinarios. É isto negativo? Podemos adicar tempo a capacidades persoais que nos enchan, desafíos, tempo de folgar.

Logo, son as transicioes o problema?

Sen dúbida, mais coa vantaxe de que a necesidade de mudar vén dun dato positivo. Dame esperanza por ser un problema de intelixencia. Quedará xente no camiño por problemas psicosocias. Como mellorar o proceso? É unha pregunta ampla na que hai que ver o rol de cada axente. O meu é agora abrir o debate interdisciplinar. No IE temos agora unha interesante iniciativa onde a premisa é E2 “Educación Exponencial”. A educación ten que modificarse diste xeito

Introducirmos flexibilidade no sistema para darmos asumido ista conmoción, modificar sistemas de pensióes, mercado de traballo. Aí temos un problema de comportamento aprendido (COMA) que ten que ver coa capacidade de transformación individual

1 gústame

1 gústame

http://elordenmundial.com/2015/02/09/nigeria-y-el-oro-negro/

1 gústame

http://hyperbole.es/2017/04/la-robolucion-y-el-problema-del-vacio/#comment-41030

1 gústame