… ós Job Center (oficinas de emprego) sobre as actividades de persoas que estén sufrindo desemprego, sob multa de 5000 €. no caso de alguén negarse, asi como requerir calquera dato bancario ou doutro tipo que soliciten.
A mesma reforma penalizara con reducións do 30% na primeira volta (até ficar sen seguro) a persoas que non manden C.V. abondo ou que rexeiten calquer emprego, coma os famosos traballos por 1 €., que agora pasan de ser obrigatorios durante 24 meses, a 36. A mocidade perderá todo dereito no primeiro aviso…
Namentres a plataforma Blockupy chama a manifestarse no “ministerio de traballo” contra a lei de integración, nunha universidade de Linz, un tal Friedrich Schneider, que cobra por ser economista, pide que o goberno tolere o traballo en negro porque iste xera máis beneficios do que os trabucos non cobrados pola administación, aínda que non ten rematada a súa teoría sobre dereitos laborais.