Defensor del Pueblo inicia expediente perante a Garda Civil polas detencións da 'Operación Jaro'

###Defensor del Pueblo inicia expediente perante a Garda Civil polas detencións da ‘Operación Jaro’

A actuación do órgano prodúcese a raíz dunha queixa de Dereitos Civís por “incumprimento da legalidade vixente” no que atinxe á identificación dos axentes que procederon aos arrestos de 9 militantes independentistas.

O motivo do expediente é que os axentes que tomaron parte no operativo non portaban a obrigatoria identificación.

Dereitos Civís presentou por estes feitos unha denuncia na Garda Civil, “que nin sequera a tramitou”, e tamén unha queixa perante o Defensor del Pueblo por entender que os axentes “vulneraron a legalidade vixente”.

4 Likes

Remataría já seu expediente o Defensor del Pueblo? :stuck_out_tongue:

2 Likes