De quen son os montes?

“Os lugares onde se realizan batidas de caza maior empregando munición de bala non están axeitadamente sinalizados e calquera cidadán pódese poñer en liña de fogo inadvertidamente”

A entidade lembra que “pola contra, en moitas probas deportivas (por exemplo carreiras pedestres ou ciclistas, rallies, etc.) é habitual o despregue de medidas de seguridade: anuncios en medios de comunicación, páxinas web e redes sociais, valados, sinais, corte da circulación en rúas e estradas e presenza de protección civil, policía local ou garda civil que advirten aos cidadáns da súa celebración”.

. En primeiro lugar esixe que “con cando menos 15 días de antelación anuncie na súa páxina web cada batida que se autorice, indicando a data, o horario e a delimitación exacta da superficie para a que se concede o permiso”. Ademais, pídelle que “estableza a obligatoriedade de sinalizar axeitadamente a realización de batidas con munición de bala en todolos camiños, pistas e estradas de acceso á zona onde se está levando a cabo, e que se mobilice á gardería de medio ambiente e a Protección Civil para controlar ditos accesos e así garantir a seguridade das persoas”. Así mesmo, demanda que “comece a realizar controis de alcoolemia ou sustancias psicotrópicas entre todos os cazadores”.

1 gústame