Damián Copena lembra que existe actualmente unha bolsa de máis de 4.300 MW eólicos en tramitación administrativa no territorio galego

Unha tese da Universidade de Vigo demostra que o rural galego perdeu unha oportunidade de empregar o auxe da enerxía eólica como motor de crecemento.
Así o conclúe un estudo realizado por Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, na Universidade de Vigo.

A partir do traballo de campo e da información inserida na BISSEGA, puido coñecer como foron os procesos de negociación entre os promotores e os propietarios dos terreos. Os resultados, como destaca, “amosan unha gran variabilidade nos resultados económicos obtidos polos propietarios dos terreos, sendo a mellor opción a do alugueiro dos terreos”.

As rendas que percibiron os propietarios dos terreos eólicos foron, por exemplo no ano 2011, de arredor de 3.000 €/MW e, nese mesmo ano 2011, a porcentaxe media que supuxeron as rendas eólicas para os propietarios con respecto á facturación dos parques eólicos estimouse no 1,46% para o conxunto de Galicia.

O traballo permitiu tamén estimar as rendas eólicas totais anuais que percibiron os propietarios dos terreos, ascendendo este concepto aos 9.850.000 € no ano 2011.

2 gústame