Con cargo ao Estado Español, forestáronse entre 1940 e 1980 un total de 102.255 hectáreas na província de Pontevedra

Unha consecuencia desta mudanza é o incremento nun 300% no número de plantas de eucalipto saídas de viveiros oficiais do Estado no ano 1971 con respecto a 1970 (540.000 a 2.076.059) (10). ENCE contará co apoio do PFE e, óbviamente, do próprio INI.

O avance do sector celulósico vai supor o progresivo esmorecimento das masas de coníferas e, paralelamente, vai acompañar un paulatino proceso de reestruturación da indústria do aserrado, que atravesando unha crise de mercado, experimentará a diminución e concentración dos aserradoiros para, finalmente, encarar o debilitamento do seu peso específico na indústria de transformación da madeira en benefício das empresas de trituración.

Entón, no ano 1975, e como afirma Rico Boquete, “os montes galegos arden polos catro costados”, co seguinte resultado: “se dispara la oferta de madera en rollo y descenso fulminante de su precio, con lo cual, en opinión de Celulosas, se hace más fácil la adquisición de madera” (páx. 104, Rico Boquete, 1997). Resulta curioso que no período 1961-1969 a superfície media queimada en Galiza foi de 8.762 has., cun número medio de incéndios de 333,5, mentres que en 1970-79, a superfície media queimada ascende a 48.710 has., cun número medio anual de lumes de 1.725,8. E no período 1980-1989 seguiría esa tendéncia, con valores medios de 65.397 has queimadas e 3.670,8 lumes.

Se cadra, algún día habería tamén que aplicar conceptos de microeconomía como competencia perfecta, prezos sombra e multiplicadores de Lagrange para elaborar unha outra teoría que nos axude a comprender cómo nos escenários máis desfavorábeis a toma de decisións non ortodoxas pode operar as mudanzas máis determinantes.

3 gústame

Tudo isto trae á tona o fato de os galegos serem incendiários de vocação

3 gústame